Saltar ao contido

Totius operi initium

Diego, pola graza de Deus arcebispo da sé compostelá, mandou facer este libro e gardalo no tesouro de Santiago e se alguén o quixer ler, lea e coñeza cantas honras e cantas herdades e ornamentos e dignidades acadou o arcebispo para a súa igrexa, e cantas persecucións e perigos de poderosos tiranos aturou na defensa da súa igrexa; e despois de lelo e de coñecer todo, que o repoña no seu sitio e sempre alí permaneza e ninguén de alí o roube ou leve por fraude ou por envexa, e quen así fixer, ou o roubar por ignorancia ou por erro o destruír, pola autoridade de Deus omnipotente, da bendita virxe María, dos beatos apóstolos Pedro e Paulo, e do beatísimo Santiago e de todos os santos de Deus e da nosa autoridade, sexa maldito e excomungado e con Xudas o traidor de Deus, e con Datán e Abirón, tragados vivos pola terra, sexa condenado ao inferno por perpetuidade.

Historia Compostelá. Libro 1. Inicio de todas as obras. Advertencia e cominación.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario